Parágrafos e formigón
Esta exposición acolle parte da produción do Traballo Fin de Máster Analoxías do habitar (UMA, 2020). “Parágrafos e formigón” propón entender a palabra como espazo habitable, explorando os paralelismos entre a escritura e a construción dunha vivenda. O texto escrito e o plano arquitectónico son recipientes de voz e fogar; a súa forma, estrutura, distribución… guían o desenvolvemento dese futuro habitar das ideas e dos corpos, respectivamente.
A escrita constrúe; a voz, habita.
textos: Sara Piñeiro - "Espiga, espigón"







Outubro-Novembro 2024.