irá a ti a montaña
Instalación. Medidas variables.
Elementos escultóricos, intervención site-specific, e fanzine.
2022
irá a ti a montaña recolle a xeografía falada da parroquia de Tor (Monforte de Lemos) e arredores. A partir de historias das habitantes sobre distintos lugares da súa contorna, confórmase un proxecto experimental de diversas voces e subxectividades sobre o mapa, a memoria, a paisaxe e a oralidade. Poñer en valor os significados que gardan tantos significantes do territorio, significados que, pola xentrificación, turismo de masas, ou despoboación, esquécense e borran así todo este patrimonio inmaterial, toda esta intra-historia.
Unindo múltiples disciplinas, xurde unha narratividade oculta e fragmentada nas formas da topografía, retazos de impresións e recordos, en clave simbólica.
Agosto 2022-Xaneiro 2023