unha guerrilla, dúas guerrillas...

Acción, mail art e instalación.
4 x 2 x 0.35 m.
2021

Na lista que funciona como introdución á arte para unha ampla porcentaxe de adolescentes, non figura nin unha soa persoa identificada como muller. Nin unha soa persoa situada fóra do eixe euro-occidental branco. Só se continúan os vellos canons e se prolonga unha visión da arte que se sinte disociada, afastada, inconexa da nosa contemporaneidade.
[...afogando nunha ausencia de representación.]
A acción actívase co envío das guerrilla-cartas a tres departamentos da CIUG (entidade que publica os contidos recomendados da ABAU para 2º de Bacharelato) das tres universidades galegas. Na exposición instalativa, déixanse a disposición do público copias e envoltorios para manter en funcionamento a devandita acción. A multiplicidade anónima, como forza imparable do cambio.

Na exposición XII Premio Auditorio de Galicia (outubro2021)
El arte es un conflicto. Galería Manolo Eirín, Carballo. Xullo 2022.